Eu caracterizaría ós homes do meu tempo preocupados polas cousas do espírito, dicindo que eramos —e somos— os auténticos vencidos da vida (...) insatisfeitos, non conformistas, decote rebeldes. Vencidos da vida por inadaptados.
Os inadaptados son por definición os insatisfeitos do mundo sensible, os enemigos da realidade cotiá, os que procuran fuxir do medio que os rodea. De aquí a concepción da arte como evasión.(...)A nosa rebeldía consistía en segregármonos espiritualmente da sociedade, desapegármonos das súas tendencias e dos seus problemas, isolármonos na nosa alteirosa indiferencia dos seus afáns e trafegos, das loitas e porfías e a comprírmo-lo noso rol sen ledicia e sen pena, e principalmente sen interés ningún.
Vates da Xeración dos 90. Cenáculo cuvitense.
Nós, os filólogos, curtidos en mil batallas, estudantes nas lonxanas terras de San Mamede de Zamáns, cercados polas lagoas de Marcosende e illados do mundo polas fragas de Beade. Asentados nun levantamento de adobe e suor dos nosos devanceiros, sito na Rúa Ilustración, un pouco máis aló da Rúa Xeración Nós—parece broma, pero é certo, chámanse así— e un pouco máis acolá do ceo, porque sen dúbida, somos celestiais.
Os nosos pulmóns son os máis maleables de toda a Gallaecia pois os 21.263 estudantes que sobrevivimos no reitorado de Salustiano Mato atopámonos nunha altitude terrestre semellante ó Everest, onde a presión atmosférica é tan baixa que nas marquesiñas, tódolos días atopamos situacións así:
—Bieito, que morro
—Respira! non morras!
—Morro, que non hai osíxeno
—Vaites, vaites, iso é certo.
—Gggggg...
E morren. Morre una manchea cada día. Pero iso non é todo. Na nosa Universidade, cuxo lema é«Innovadora, pública, de calidade» falta "acuática", pois non minto ó asegurar que diversos xeólogos de Massachusetts están a estudar a formación dun océano pasaxeiro que de cando en cando asoballa os nosos camiños. Por riba de todo isto, nós, os filólogos, non só temos que loitar contra a presión atmosférica e as trombas, senón que temos que sortear bestas como cabalos, ovellas, e goteiras na biblioteca. Pero o máis loable, é a nosa valentía. A Xunta anunciou en 2009 que ten serios problemas cos orzamentos; só ten 10 euros para subvencionar comedores universitarios, de modo que terá que matar a un terzo dos estudantes.
«Son medidas que nos doen, pero precisamos matar a unha gran cantidade de universitarios para que cadren as contas»
Faro de Vigo
Tras tomar esta decisión, a Xunta contratou ex condutores do Rally de Montecarlo para exercer de chofer dos moitos Mercedes verdes fosfórico que chegan ata estas terras.
"Normalmente, tódolos días arrebolamos un par de lanzadeiras e catro L8 contra os montes, ó baixar do CUVI. Logo chamamos ás familias de dicímoslles que era San Teleco e morreron por combustión espontánea."
"Se un día non nos apetece provocar un accidente, levámolos a Coia ou a Lavadores e xa alí lles quitan os órganos."
Cando algún sobrevive, os do comedor encárganse de meterlle un gusano na comida. Os filólogos son, deste xeito, equiparábeis ós Deuses. Con cerebros inauditos e veas de ferro, os seus corazóns latexan 9 veces por minuto, de forma que ó estaren tantas horas sentados non se lles forman coágulos. Debido á cantidade de documentais tristes que miran nas súas clases de Panorama, e á ametencia de insultos que os filólogos reciben nesta clase, han de ser quen de manter un carácter morno, para non rematar suicidándose, polo que as súas almas son superiores ás dos demais. Non obstante, este profesor, amante de Bob Dylan, xa provocou máis de unha baixa*
*Conta a lenda que en tempos anteriores asistía a clase unha rapaza chamada Mariña
Está ben. Xa calo. Xa comezo. Preséntovos a lista de xéneros musicais e cancións máis raras que atopei, despois do debate xurdido por culpa de Mario.
1. Cumbia metalera
"A mover la cabeza a ritmo del Heavy Metal
Iron Maiden, Helloween lo bailan con mucho swing
Judas Priest, Metallica
Vente negra par'acá"
Querubines negros del Molocotongo
2. Canto de la garganta inuit
coma quen fai gargarexos
3. Cowpunk
4. Punk-Celta
5. Folk-rap
6. Digital Laptop Reggae
Sen letra, coma un Bob Marley DJ mudo. Reggae tecnoelectronizado
7. Metal ninja
8. Metal pirata
En efecto. É o que parece.
9. Reguetón gore
10. Nerdcore hip hop
soy el gran Stephen Hawking, soy
genial como el LSD, soy lo máximo,
lo hago al estilo de la vieja escuela…
11. Reguetón japoñol
Corre por conta do grupo Los Kalibres, conformado por tres dekasegi (inmigrantes peruanos en Xapón). No seu tema Geisha, composto en japoñol (mezcla entre xaponés e español), se unen a animación e música xaponesa co perreo.
12. Hip hop marxista
Si ella no es feminista, entonces no
la quiero, si ella no es feminista,
entonces no la necesito, puedes
quedártela. Necesito una mujer
con buen trasero, pero inteligente.
Necesito una mujer que levante
el puño por la clase trabajadora…
Necesito una mujer con quien
pueda hablar de política después
del sexo...
E agora, extrañas cancións aleatorias
En efecto. É Julio Iglesias cantando en tagalo e xaponés.
Debido a que esta semana es el SUPERULTRAMEGAHIPERdeseado concierto de Muse (20 de octubre de 2012 en el Palacio de los Deportes de Madrid) por todos los habitantes del planeta, y ya que iré, y después tendremos una fiesta post-concierto en Independance, puesto que moriré, y si no muero, me suicidaré con tanto Matt por todas partes, me veo obligada a saturarme de ELLOS y fallecer en paz.
Que descanséis en paz conmigo, en el cielo de los Monos Árticos.